Débense cubrir TODOS os datos marcados como obrigatorios cun *, por cada persoa que
se queira apuntar.
Unha vez inscritos, validaremos os datos. Posteriormente, enviarase un usuario e contrasinal ao
correo electrónico que se introduciu no campo correspondente para a área privada, á cal poderedes
acceder a través deste portal.
Recoméndase gardar o enlace da área privada nalgún marcador do navegador para facilitar
vindeiros accesos.
Para calquera comunicación ou consulta adicional, podedes contactar connosco a través do correo do
centro xuvenil:
cxabeiro@cxabeiro.org
Que é Abeiro?
O Centro Xuvenil Abeiro é un ambiente de ampla acollida, aberto a unha gran variedade de nenos,
adolescentes, xóvenes e adultos de idades desde primaria en adiante.
Ao mesmo tempo, trátase dun espazo educativo-pastoral con estilo salesiano especialmente apropiado para
a acollida e a atención persoal,
onde se desenvolven actividades para acompañar á persoa no seu desenvolvemento integral.
Cando?
O Centro Xuvenil é a proposta que pretende atender a todos os nenos, adolescentes e xóvenes da casa
salesiana, e a súa contorna, no tempo libre.
Seccións:
Xuventude 3
Catecumenado 1
Catecumenado 2
Catecumenado 3
Catecumenado 4
Comunidades Valdocco
Como me apunto?
Cubrindo o seguinte formulario.
Realizando o pago da cota anual, a cal vai integramente destinada ao desenvolvemento de actividades,
grupos e organización do Centro Xuvenil.